Por todos é xa coñecida a afección de David López, veciño de Petín e un dos fundadores de Protección Civil da Rúa a coleccionar todo tipo de obxectos: periódicos antigos, selos, moedas, bandas deseñadas, álbumes de cromos, de fotos antiguas, libros, pins, calendarios, botellas de cervexa e de licores de tamaño reducido, réplicas en miniatura de coches (turismo e tamén de emerxencias),…

Con moitos deses obxectos de segunda man asiste a feiras e mercadiños e con outros organiza interesantes e vistosas exposicións. Unha de miniaturas de vehículos de bombeiros e outros servizos de emerxencia de Playmobil e Lego poderá verse na sede de Protección Civil da Rúa (r/ Progreso, 90, a carón do Centro Cultural Avenida) do 14 de xuño ao 13 de xullo, en horario de 11 a 13 e de 19 a 21 horas.
Haberá sorteo de agasallos para os visitantes.


Fotos cedidas.



