OurenseÚltima hora

Exposición sobre a flora exótica invasora, no Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense

 

Nesta semana o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense acollía unha exposición sobre a flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos. Organizada por Amabul, Programa de Divulgación Ambiental, Miriam Miramontes, explicou aos alumnos cales son as PEI, Especies de Procedencia Foránea  como mimosa, eucalipto, robinia, acacia negra, té de horta, cáñamo de auga americano, xunca olorosa, herba tintureira falso bambú, bambú amarelo, herba nodosa xaponesa, herba da fortuna, herba da pampa, herba do asno, crocosmia, Cala de Etiopía, fento de auga, elodea, cola de raposo acuática ou xacinto de auga.

 

 

Tamén destacou a importancia da fauna propia, dos bosques de galeria e de ribeira. “Non diseminar estas especies é importantísimo para os nosos ecosistemas”, din os Ecovixiantes que consideran “imprescindible” unha educación ambiental.

5ª Liga Pilabot

Dous días despois, na xornada deste mércores 17 de xaneiro os Ecovixiantes comezaban o a 5ª Liga de Pilas Usadas Pilabot, co enchido dos primeiros bidóns que deixou a organización deixou no colexio, co incrible número de pilas que o alumnado tleva. “Ademais continuamos cos Tapóns Solidarios, tarefa sen fin, afortunadamente, e que levamos a Xinzo de Limia”, explican.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button