CulturaCulturaÚltima hora

Exposición sobre Carvalho Calero en Celanova na primeira quincena de setembro

Permanecerá aberta de martes a sábado na Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas de Celanova acolle, do 1 ao 15 de setembro, a mostra “CC2020. Carvalho Calero. A voz presente”. Poderase visitar de forma gratuíta de martes a sábado, de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h na casa familiar do poeta celanovés, Curros Enríquez, situada no número 37 da rúa homónima.

A exposición está promovida pola Consellería de Cultura e Turismo e lembra ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2020. Divídese en doce paneis que permiten ao visitante facer un percorrido pola traxectoria profesional e vital de Carvalho Calero, acompañado pola propia voz do autor.

A mostra recolle una cronobiografía e a súa dimensión como filólogo, divulgador, reintegracionista e intelectual. As seguintes actividades que prepara a Casa dos Poetas son, unha proposta de grabados do artista ourensán Xosé Poldras, inspirada na Xeración Nós e unha exposición itinierante do 500 aniversario da cidade da Habana.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button