OurenseÚltima hora

Un home resulta ferido tras colisionar un turismo cunha retroescavadora en Celanova

 

Na mañá deste xoves 10 de abril, os servizos de emerxencia tiñan que intervir en Celanova, tras un accidente de tráfico no que se viu implicado un turismo e unha máquina retroescavadora, tal como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que o sinistro producíase no quilómetro 2 da estrada OU-0204, ao seu paso por Bobadela.

Arredor das 11:45 horas o 112 Galicia recibía os primeiros avisos do suceso a través das chamadas de varios particulares, entre eles, “unha muller que tamén viaxaba no turismo, quen advertía da posibilidade de que un home permanecese atrapado no interior do vehículo”.

Ante esta información, desde o 112 Galicia mobilizaban ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Celanova, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.

“Finalmente, foi necesaria a excarceración do home por parte dos equipos de rescate antes de proceder ao seu traslado ao centro hospitalario de referencia”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button