EconomíaEconomíaOurenseSen categorizar

Expourense presenta a súa memoria de actividades no 2013

O recinto ourensán acollía ao longo do pasado ano salóns e outros eventos que atraían a máis de 122.000 visitantes
Autoridades asistentes ao acto de presentación da Memoria 2013 de Expourense.
Autoridades asistentes ao acto de presentación da Memoria 2013 de Expourense.

Nove feiras 9, boa parte delas de marcado carácter profesional e orientadas ó negocio e cun total de 854 expositores, ás que se suman vintecinco eventos e outras actividades, que supuxeron en conxunto máis de 122.000 visitas procedentes de 31 países. Son algunhas das cifras da actividade desenvolvida ao longo do 2013 pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense.

Os resultados da súa actividade no pasado exercicio presentábanse o 29 de abril en Ourense nun acto presidido polo Conselleiro de Economía e Industria e presidente do Padroado de Expourense, Francisco López, quen destcaou ques esta entidade “está a ser clave na reactivación económica de Galicia, consolidado como un referente na nosa comunidade”. O conselleiro estivo acompañado polos membros do Padroado (integrado pola propia Xunta de Galicia, Concello de Ourense, Cámara de Comercio de Ourense, Novagalicia Banco, Confederación Empresarial de Ourense, Concello de San Cibrao das Viñas e Concello de Barbadás).

Ademais a actividade de Expourense xirou entorno a cinco eixos principais: Internacionalización, Calidade, Innovación, Emprendemento e Formación. Incidiu na cooperación público-privada co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e facilitar a creación de oportunidades de negocio internacionais, sobre todo en sectores estratéxicos como o termalismo, a viticultura ou a gastronomía.

O 2013 remataba ademais co outorgamento do Selo de Internacionalidade a tres das citas organizadas polo recinto: ademais de Termatalia e Funergal, que o ratificaron, Xantar obtívoo por primeira vez. Isto conleva que Expourense organiza tres das seis feiras internacionais de Galicia e dúas das cinco internacionais de turismo do conxunto de España.

Outro dos fitos que marcaron a actividade do pasado ano foi a sinatura, no mes de novembro, de Expourense coas principais entidades públicas e privadas vencelladas ó turismo da Arxentina, e lideradas polo propio Ministerio da República, do convenio que permitirá a celebración de Termatalia neste país en outubro do 2014.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button