OurenseÚltima hora

Extinguido o incendio de Prado (Vilar de Barrio)

Foto: @BrifLaza.

 

A Consellería do Medio Rural vén de informar de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, quedou extinguido ás 22:25 h. de onte.

O lume, que se iniciara na noite do pasado domingo, afectou, segundo as últimas medicións, unha superficie de 27 hectáreas arboradas. Para o seu control mobilizáronse en total 9 axentes, 32 brigadas, 13 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button