Novo incendio urbano en Valdeorras, desta volta no centro do Barco. Na tarde deste domingo 13 de abril, un aviso no 112 en torno ás 18:10 horas mobilizaba aos servizos de emerxencia.
O pequeno incendio tiña lugar no baixo dun edificio da praza do Príncipe, no que había acumulada moita basura, tal como indican dende o GES Valdeorras que se encargaban de apagar o lume prendido nuns cartóns, quedando nun pequeno susto.
Ata o lugar tamén acudían membros da Policía Local do Barco.
Fotos: Mónica G. Bellver.