
Ás 20:24 h. deste domingo 19 de xullo, quedaba extinguido o lume da parroquia de Pardollán (Rubiá), que se iniciaba o pasado venres ás 13:05h. Segundo as últimas estimacións, o incendio afectou unha superficie de 41,35 hectáreas, das cales 30 son arboradas e o resto monte raso, tal e como indica a Consellería do Medio Rural.
Para a extinción deste incendio foi preciso mobilizar a 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.
Ourense
Por outra banda, nestes momentos está estabilizado o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unha superficie dunhas 60 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 11 axentes, 31 brigadas, 20 motobombas, 7 helicópteros e 11 avións.
