EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Facendo casiñas para paxaros con Artesanía Enxebre de Valdeorras na Feira do Eixo, no Barco

 

Na tarde deste domingo 8 de setembro baixa o pano a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico de Galicia e Norte de Portugal, na que ademais de degustacións, venda, música e a presenza de produtores gastronómicos de Galicia e Norte de Portugal e artesáns galegos, se desenvolven actividades complementarias como obradoiros.

 

 

Onte os cativos participantes aprendía a facer pezas de barro nun torno e hoxe tocáballe o turno  ao obradoiro de madeira no que 22 nenos e adultos (distribuídos en dous turnos) facían casiñas de madeira cos artesáns de Artesanía Enxebre de Valdeorras para conciencias sobre a importancia dos paxaros tras os incendios e “que os animaliños teñan onde aniñar”.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button