En portadaÚltima hora

Falece outro paciente diagnosticado de coronavirus no Hospital de Valdeorras

Tamén perdían a vida outros dous varóns ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

 

Nas últimas horas veñen de producirse en Galicia outras catro mortes de pacientes diagnosticados de coronavirus. Unha desas persoas era un varón de 84 anos que estaba ingresado no Hospital Público de Valdeorras, segundo confirma a Consellería de Sanidade. Deste xeito, son xa tres as persoas falecidas no Hospital de Valdeorras en apenas un día.

Tamén perdían a vida, segundo informa Sanidade, dous varóns de 85 e 54 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e un varón de 83 ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button