OurenseÚltima hora

Falece un home despois de caer da súa bicicleta en Ourense

 

Na madrugada deste venres 28 de febreiro falecía un home despois de caer da súa bicicleta en Ourense, tal e como indican dendeo 112 Galicia, destacando que “os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa e as forzas da orde investigan as circunstancias do suceso”.

Pasaban escasos minutos das 4:30 horas cando un particular informaba ao 112 Galicia de que “acababa de atoparse ao implicado na rúa de Juan XXIII, tendido na estrada, apuntando que o home non respondía”.

Con esta información desde o CIAE-112 Galicia activaban un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Nacional e Local.

 

Artigos relacionados

Back to top button