OurenseÚltima hora

Falece un home tras ser atropelado en Ourense

 

Na noite do sábado 23 de marzo producíase un atropelo mortal na rúa Curros Enríquez, no Ponte Novo, en Ourense, tal como explican dende o 112 Galicia, adiantando que eran as chamadas de diversos particulares  dez minutos antes das 00 horas da madrugada as que activaron as alarmas.

“Segundo relataban, un home atopábase tendido no medio da estrada tras ser atropelado e precisaba asistencia sanitaria urxente”, explican os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia que de contado informaban do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ourense e aos axentes da Policía Nacional e Local.

Con todo, “malia os esforzos, o persoal sanitario nada puido facer por salvarlle a vida á persoa”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button