ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Falece un motorista que circulaba pola OU-533 en Pixeiros (Viana do Bolo)

 

Na tarde deste luns 19 de setembro producíase un accidente de tráfico no concello de Viana do Bolo. Tal como informan dende o 112 Galicia, pasadas as tres da tarde un motorista perdía a vida no PK 6 da estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) ao bater contra outro vehículo na parroquia de Pixeiros.

 

 

Ata o lugar dos feitos desprazábanse membros do GES A Gudiña, da Policía Local de Viana do Bolo e da Garda Civil de Tráfico, ademais de Urxencias Sanitarias-061. Unha vez alí, os sanitarios, malia mobilizar un helicóptero medicalizado, só puideron confirmar o falecemento da persoa que conducía a moto.

 

 

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button