ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Falece un operario e outro resulta ferido pola caída dunha pedra en San Vicente (Vilamartín)

 

A primeira hora desta mañá, ás 9:33h. un operario falecía e outro resultaba ferido “pola caída dunha pedra en San Vicente” (Vilamartín de Valdeorras), segundo vén de facer público o 112 Galicia. Ante o suceso “Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero con base en Ourense ata o lugar, en San Vicente. Tamén, interviñeron neste operativo o GES Valdeorras e a Garda Civil, segundo os datos feitos públicos polo 112 Galicia.

 

 

O accidente producíase no avance dun túnel dunha canteira de lousa, cando se desprendía unha pedra. “O equipo médico desprazado nada puido facer por salvarlle a vida a un dos operarios. Por outra banda, un deles foi trasladado, ferido, nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, tal e como indica o 112 Galicia.

Tanto a persoa falecida como a que resultaba ferida son da provincia de León.

 

Artigos relacionados

Back to top button