![](https://osil.info/wp-content/uploads/2024/11/Lauro-Olmo.jpg)
Xa está en marcha a VI edición da Ciberliga, modalidade pre-amateur, promovida pola Garda Civil para concienciar aos xoves sobre ciberdelincuencia.
Nesta edición, na que participan 8 centros da provincia de Ourense, entre eles o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, 300 alumnos de 4º da ESO usarán os seus coñecementos e habilidades para resolver unha serie de ciber-retos.
Trátase duns retos encamiñados a “concienciar aos estudantes sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías a través de ferramentas prácticas, que lles serán de utilidade cando naveguen na rede tanto para identificar identidades falsas como fake news“, explican dende a Garda Civil, engadindo que tamén “se fomenta o traballo en equipo e a cultura en ciberseguridade, á vez que se potencia o talento en ciberseguidade de alumnas e alumnos”.
A presentación da liga no IES Lauro Olmo do Barco e no IES Carlos Casares de Viana tiña lugar o martes 26 de novembro.
Fotos: Garda CIvil.