Nas últimas horas veñen de falecer en Galicia tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Unha delas era un home de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense e tiña patoloxías previas, segundo confirma a Consellería de Sanidade.
Ademais perdían a vida dous homes de 73 e 87 anos que estaban hospitalizados no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), respectivamente. Ambos presentaban tamén patoloxías previas.