En portadaSanidadeÚltima hora

Falece unha muller diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas é unha muller no Hospital Público de Valdeorras que perdía a vida o 22 de decembro. Esta persoa falecía en urxencias, non chegou a ingresar no hospital. Dende finais de agosto non se rexistraban falecementos de pacientes diagnosticados por Covid neste centro sanitario.

Con esta, son xa 465 as persoas falecidas na provincia de Ourense dende o inicio da pandemia.

Ademais, perdían a vida en Galicia o 22 de decembro outras dúas persoas: un home de 88 anos no Hospital do Salnés e un home de 63 anos en Povisa.

As tres persoas falecidas tiñan patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button