SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid-19 no Hospital de Verín

Fachada do Hospital de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas de 5 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus en Galicia, unha delas no Hospital de Verín. Trátase dun home de 89 anos, que procedía da Residencia de maiores Val de Monterrei e que ingresaba no serán de onte martes no hospital verinés. Falecía neste 11 de agosto.

Ademais Sanidade comunica o falecemento o 10 de agosto dun home de 77 anos no Hospital Lucus Augusti, así como o doutras tres persoas neste mércores 11 de agosto: un home de 86 anos no CHOP, un home de 80 anos no Hospital HM Modelo Belén da Coruña e unha muller de 62 anos con CHUAC.

As cinco persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button