SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Verín

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento de 4 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus en Galicia, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 81 anos que falecía o 12 de agosto no Hospital Público de Verín.

Ademais perdían a vida un home de 63 anos en Povisa o 11 de agosto, unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)  o 12 de agosto e unha muller de 80 anos no CHUAC neste 13 de agosto.

As catro persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button