SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Verín

Fachada do Hospital de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 77 anos, que estaba ingresado no Hospital de Verín e que perdía a vida neste 16 de marzo. A provincia levaba xa case dúas semanas sen rexistrar falecementos.

Tamén neste 16 de marzo falecía un home de 85 anos no CHOP. Ademais, Sanidade comunicaba o falecemento o 15 de marzo dunha muller de 83 anos no CHUF.

As tres persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button