ConcellosQuirogaÚltima hora

Falece unha persoa en Covas (Quiroga) ao caerlle unha árbore enriba

 

Un operario falecía esta mañá no municipio de Quiroga ao caerlle unha árbore enriba nunha leira, tal e como vén de informar o 112 Galicia. Sucedía no lugar das Covas, uns minutos despois das 10:30 horas desta mañá. “Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do accidente laboral”, segundo esta entidade.

A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga.

“Os servizos de emerxencias mobilizados liberaron o corpo sen vida do operario, que quedou atrapado debaixo da árbore”, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button