Na mañá deste luns 27 de xaneiro producíase un accidente mortal no municipio ourensán de Amoeiro. Tal como indican dende a Garda Civil, preto das 8:30 horas “na estrada OU-0525 (Cambeo-Ponte dos Frades), km 3.4, sentido crecente, na localidade de Bóveda, producíase unha saída de vía pola dereita e choque contra un muro dun turismo, cuxo condutor e único ocupante, un varón de 51 anos, resultaba falecido”.
Desde o 112 Galicia solicitaban a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Amoeiro. “Logo da chegada dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que o condutor falecera, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida”, corroboran dende o 112.
Por parte da Garda Civil de Tráfico mobilizan dúas patrullas de motoristas e un equipo de investigación de sinistros do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense.

Fotos cedidas.



