Na mañá deste luns 2 de decembro resultaba falecido o único ocupante dun turismo, implicado nun accidente en Coles, tal como explican dende o 112 Galicia puntualizando que “dúas persoas máis necesitaron asistencia médica como consecuencia das lesións provocadas polo impacto entre os dous turismos”.
O sinistro tiña lugar pouco antes das doce deste mediodía, tal e como indicaron varias persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar da “colisión entre dous coches na N-525, ao paso pola parroquia de Gustei, en Coles” coa posibilidade de que houbese persoas atrapadas. “En concreto, había unha persoa atrapada, o único ocupante dun dos turismos implicados, que, ademais, resultou falecido”, din.
Eran os Bombeiros do Carballiño e os membros do GES de Pereiro de Aguiar quenes colaboraban para liberar á vítima, mentres os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 prestaban os coidados necesarios a outras dúas persoas máis con diversas lesións. Ámbalas foron evacuadas, posteriormente, ao Hospital Cosaga de Ourense.
Neste operativo colaboraron tamén as forzas de seguridade, concretamente, os axentes da Garda Civil de Tráfico, e os voluntarios de Protección Civil de Coles.
Fotos cedidas.