ConcellosGalerías de fotos

Falece unha xove de Carballeda de Valdeorras ao caer da súa moto

Circulaba pola estrada 533 entre A Gudiña a Viana do Bolo

Ás 21:05 horas do venres 8 de xullo falecía unha xove de 29 anos ao caer da moto que conducía. A motorista, veciña de Carballeda de Valdeorras, viaxaba soa na moto e no km. 15 da estrada 533 entre Viana do Bolo e A Gudiña (á altura do cruce de Bembibre, antes de chegar ao restaurante Augas Mansas) e por causas descoñecidas, a motorista caeu sobre a calzada. Ao lugar do siniestro acudiron membros do GES da Gudiña, da Garda Civil de Tráfico e técnicos sanitarios da ambulancia do 061 de Viana acompañados por un médico do Centro de Saúde da localidade que só puderon certificar o seu falecemento.

Unhas horas antes tiña lugar outro accidente en Celanova ao colisionar frontalmente dous turismos. A consecuencia do impacto resultaron feridas de diferente consideración, seis persoas. O accidente tiña lugar na OU-0209 Km. 0.4, estrada de Celanova a Leirado.

Artigos relacionados

Back to top button