SanidadeÚltima hora

Falecen 11 persoas que foran diagnosticadas por Covid en Galicia, 3 delas na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse do falecemento en Galicia nos dous últimos días de 11 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres delas na provincia de Ourense. Así o 26 de febreiro perdía un home de 94 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense e o día 27 falecía un home de 79 anos nese mesmo centro hospitalario e unha muller de 81 anos no Hospital Santa Teresa.

Ademais perdían a vida en Galicia outras 8 persoas: o 26 de febreiro un home de 58 anos no Chuvi e, xa o 27 de febreiro, unha muller de 94 anos e unha muller de 82 anos no Chuvi; unha muller de 85 anos, unha muller de 81 anos, un home de 59 anos e un home de 74 anos no Chuac; e un home de 89 anos no Chus.

Todas as persoas falecidas tiñan patoloxías previas, segundo informa Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button