SanidadeÚltima hora

Falecen 2 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas na provincia

Exterior do Hospital de Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse do falecemento o 25 de abril en Galicia de dúas persoas que foran diagnosticadas por Covid-19, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 67 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Neste centro non se notificaban falecementos por coronavirus dende o 12 de abril.

Ademais perdía a vida un home de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button