SanidadeÚltima hora

Falecen 23 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 2 delas na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento de 23 persoas que foran diagnosticadas de coronavirus en Galicia, dúas delas na provincia de Ourense. Así o 2 de febreiro falecía un home de 80 anos no seu domicilio de Ourense e o 9 de febreiro un home de 86 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ambos presentaban patoloxías previas.

Ademais, o 8 de febreiro falecía un home de 85 anos no seu domicilio de Narón da Área sanitaria de Ferrol. O 9 de febreiro falecía unha muller de 87 anos e un home de 91 anos no CHUF,  un home de 91 anos no CHUS, un home de 65 anos, unha muller de 78 anos e un home de 95 anos no CHUAC; un home de 85 anos e un home de 59 anos no CHOP; un home de 55 anos no Hospital do Salnés, un home de 78 anos no Hospital do Salnés e unha muller de 91 anos no seu domicilio de Teo da área sanitaria de Santiago.

E neste 10 de febreiro falecían outras 9 persoas: un home de 90 anos no CHUVI, unha muller de 81 anos no Hospital privado HM Modelo-Belén da Coruña, un home de 82 anos no Hospital da Mariña de Burela, unha muller de 93 anos (procedente da residencia Mi casa de Ferrol) e unha muller de 87 anos no CHUF, un home de 53 anos no CHOP, un home de 84 anos e un home de 87 anos (procedente da residencia DOMUSVI de Carballo) no CHUAC e un home de 92 anos no CHUVI. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button