SanidadeÚltima hora

Falecen 7 persoas con Covid en Galicia, unha delas na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Galicia suma nas últimas horas sete novos falecementos de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tal e como vén de notificar a Consellería de Sanidade. Un deses falecementos producíase na provincia de Ourense. Tratábase dun home de 77 anos con patoloxías previas que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida unha muller de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, un home de 69 anos e un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un home de 91 anos (procedente da residencia Soremay de Pontevedra) no Complexo Hospitalario de Pontevedra, un home de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e un home de 79 anos no Hospital Lucus Augusti. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button