OurenseÚltima hora

Falecen dúas persoas nun incendio declarado nun piso en Ourense

 

Dúas persoas falecían esta madrugada en Ourense nun incendio nun piso de Ourense, segundo informa o 112 Galicia. “Os feitos sucederon nun edificio situado na rúa Manuel Lago, ao fío das 7:30 horas desta mañá. Os servizos de emerxencia, que continúan traballando no lugar, desaloxaron o edificio como medida preventiva. Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio”, citando novamente ao 112 Galicia.

Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local e Nacional.

“Segundo confirmaron os axentes da Policía Nacional ao 112 Galicia, as dúas persoas falecidas atopábanse no piso no que se declarou o lume. Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvalas”, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button