SanidadeÚltima hora

Falecen en Galicia 4 persoas con Covid, unha delas na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento en Galicia nas últimas horas de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Trátase dunha muller de 80 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense e que presentaba patoloxías previas.

Ademais perdían a vida outras tres persoas en Galicia: un home de 89 anos e un home de 84 anos (procedente da Residencia de maiores de Cesantes-Redondela) que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e un home de 96 anos que falecía na Residencia Vila do Conde de Gondomar. Os tres tiñan tamén patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button