Esta celebración terá lugar o vindeiro día 3 de agosto a partir das 20:30 horas
A falta de 13 días para a vixésimo terceira edición da Festa Coveira, os coveiros de Vilamartín de Valdeorras están a preparar o recinto e as covas para ter todo a punto. No día de onte, 21 de xullo, estiveron a desbrozar e a acondicionar a parte exterior dos cubos. Así, o cubo é o espazo final da cova, ten forma cónica e a súa parte superior (cuxa altura varía en función dos lugares e o tipo de material da cova) remata nunha cheminea.
Texto: Alba Prada
Fotos: cedidas