ConcellosEn portadaVídeos

Familiares valdeorreses dos afectados pola DANA na Comunidade Valenciana seguen con preocupación a evolución da catástrofe

A Federación Española de Municipios e Provincias convocou un minuto de silencio para hoxe, mércores,30 de outubro, ás 12 horas en solidariedade coas vítimas

 

Tal como eles mesmos contan, foi sen dúbida a peor “gota fría” da súa vida. A situación da Comunidade Valdenciana tralos devastadores efectos da DANA é preocupante. A estas horas e segundo os medios oficiais, hai xa máis de 50 mortos e numerosos desaparecidos, ademais de permanecer inundadas varias localidades como Algemesí, Alginet ou Alcira, coa auga no interior de vivendas e vehículos destrozados, permanecendo cortadas varias vías de acceso.

Dende Valdeorras, os familiares dos afectados seguen con preocupación a evolución da catástrofe tras unha noite “infernal” como eles mesmos indican, lembrando a inundación sufrida hai anos cando rebentara o Pantano de Tous. Nesta ocasión foi o río o que se desbodou resultando “moito peor pola cantidade de auga que caeu con forza en moi pouco tempo”, aseguran. Agora, no mellor dos casos, toca intentar sacar a auga e a lama das casas.

Dende a Federación Española de Municipios e Provincias convocaron un minuto de silencio para hoxe mércores, 30 de outubro, ás 12 horas en solidariedade coas vítimas da DANA, aos que xa se adheriron concellos como Ourense ou Monforte de Lemos, así como a Deputación de Ourense.

Vídeo cedido por un dos afectados: https://youtube.com/shorts/73vsjG9OhNE?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button