CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Fani Vidal, primeira concursante desta edición da “Liga dos Cantantes Extraordinarios” da TVG en lograr os catro 10 do xurado

 

Aínda queda concurso, andan máis ou menos pola metade, pero a barquense Estefania Vidal Vega é unha das concursantes que está a destacar na “Liga dos Cantantes Extraordinarios” da TVG. De feito xa ganou dous dos sete programas emitidos (os sábados ás 22 horas), o 3º e o 7º, o último celebrado ata o momento.

En cada programa os concursantes interpretan dúas cancións. “Unha que cantamos todos e os dous mellores cantan outra para decidir ao gañador”, explica Fani que neste último gañou cantando primeiro Negra Sombra, o poema de Rosalia de Castro e despois Falli’n de Alicia Keys.

 

 

Ela mesma destaca que no primeiro programa que ganou pasou algo moi curioso, “as dúas cancións que cantei foron coas que gañei o Got Talent na Rúa, La Llorona e You Are de Reason de Callum Scott”. Ademais nese programa foi a primeira concursante desta edición en conseguir os catro 10 do xurado.

Uns resultados que a sitúan no 5º posto do ránking xeral. “Todos os concursantes chegamos ao programa 11 e de aí os dous que máis puntos teñan pasan directamente á final e o resto participa nunha semifinal”, explica Fani que se mantén á espera de que estreen Marusía: Vientos de Honor, a nova serie de Telecinco ambientada na Escola Naval Militar de Marín, na que participou como figurante. “Rodárona o ano pasado xa e estrearase proximamente, pero sen data fixa. Fíxose a premier nun festival e hai pouco outra en Marín coa proxección do primeiro capítulo á que fun”, conta Fani.

Fotos: “Liga dos Cantantes Extraordinarios”.

Back to top button