CulturaCulturaÚltima hora

Fariña e Boteiros, protagonistas do cartel do Entroido de Viana

O Concello de Viana do Bolo vén de presentar a imaxe promocional da festa nesta edición, obra de Román Vilela

 

Presentación do cartel do Entroido de Viana do Bolo.

 

Unha presada de fariña sobre a que se erguen os Boteiros, as aixadas e os bombos do folión, así como o ritual das fareladas. Así é a imaxe escollida para o cartel do Entroido 2017 de Viana do Bolo. Presentábase na mañá do 16 de xaneiro nun acto no que participaban o alcalde vianés, Secundino Fernández, e a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez.

 

Cartel do Entroido 2017 de Viana do Bolo.

 

Para a a elección deste cartel fíxose un concurso público para o cal se deu un prazo até o 13 de xaneiro ás 14:30 horas. O premio á obra elixida para presentar o Entroido vianés no 2017 é de 300 euros. “Este concurso tivo un importante éxito presentándose 18 obras ao certame. Unha vez deliberado, o xurado (composto por persoas relacionadas co entroido e coas artes plásticas) decidiu premiar ao cartaz presentado baixo o lema Dun Saco de Fariña“, segundo se informa dende o Concello de Viana. Unha vez escollida a obra e aberto o sobre dos datos personais resultou ser un traballo de Román Vilela Castro.

Artigos relacionados

Back to top button