DeportesÚltima hora

Federico Pagnoni gaña o Trofeo Arcobarco máis internacional

O arqueiro italiano fíxose coa medalla de ouro en arco composto ao vencer na final ao español Alberto

“Alta e reñida”. Así prevía o xuíz nacional de tiro con arco, Jorge Mato, a final do X Trofeo Arcobarco e acertou de pleno. Por un axustado 148-146, o italiano Federico Pagnoni vencía ao español Alberto Blázquez (seis veces campión de España) na final de arco composto sénior masculino, do torneo celebrado o 24 de outubro no pavillón barquense de Calabagueiros.

En arco composto feminino, a española María Gómez impoñíase á italiana Anastasia Anastasio por 143-139. Na categoría de arco recurvo, o portugués Jorge Alves gañaba na final ao galego Vicente Veira, e Noelia Pena a Marta Guerrero.

Este foi sen dúbida o Trofeo Arcobarco máis internacional, coa participación de 96 arqueiros de diferentes puntos de España, Italia, Suíza, Bélxica, Finlandia e Portugal, unhas prazas que se cubrían apenas dezaseis horas despois de abrir as inscricións, quedando fóra máis de 50.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button