PolíticaÚltima hora

Feijóo preside en Ourense a primeira xunta directiva do PPOU tras a victoria electoral

O presidente provincial afirmou que as eleccións de xuño e setembro demostraron que “somos o partido de Ourense”
Feijóo, á súa chegada a Ourense, recibiu felicitacións dos transeúntes. // Foto: S.F.
Feijóo, á súa chegada a Ourense, recibiu felicitacións dos transeúntes. // Foto: S.F.

Os populares de Ourense reuníronse esta tarde na sede provincial para celebrar a primeira xunta directiva do partido tras a victoria electoral do pasado 25S. Foi unha reunión con bo sabor de boca que serviu, en primeiro lugar, para felicitar ao reelixido Alberto Núñez Feijóo, que se achegou até a cidade das Burgas para presidir a xuntanza. Tamén serviu para facer balance do conseguido e nesta liña se pronunciou o presidente provincial: “somos o partido de Ourense e seguiremos a facer máis Ourense todos os días”. Pola súa banda, o recén elixido presidente da Xunta pediu que o partido se manteña en movemento para ser “unha alternativa sólida, de maiorías e liderados consolidados”.

Dende a esquerda, Fernández, Feijóo, Baltar e Mouteira, recibidos entre aplausos na sede do PPOU. // Foto: S.F.
Dende a esquerda, Fernández, Feijóo, Baltar e Mouteira, recibidos entre aplausos na sede do PPOU. // Foto: S.F.

A expectación na entrada da sede dos populares foi crecendo a medida que se ían apostando membros da formación. En canto se correu a voz da chegada do presidente da Xunta, os ánimos foron aumentando. Así, cando o vehículo oficial no que viaxaba Feijóo se detivo e este baixou, o primeiro que se atopou foi co efusivo saúdo de varios transeúntes, que o felicitaban pola vitoria electoral.

Xa dentro da sede esperábano os seus. Acompañado por Manuel Baltar, Marisol Díaz Mouteira e Rosendo Fernández, foi recibido entre aplausos. E é que os populares ourensáns entenden que os resultados obtidos polo PP na provincia demostran “que hai que achegarse aos cidadáns para explicarlles os feitos e proxectos reais”.

Durante este encontro tamén se fixaron os princpiais eixos estratéxicos a seguir dende xa. Así, Baltar pediu aos populares ourensáns “intensidade política dende xa para conseguir en 2019 un novo resultado histórico”.

Artigos relacionados

Back to top button