OurenseÚltima hora

Feira do libro antigo e de ocasión de Ourense, na avenida Pontevedra

A mostra, na que participan seis librarías de diferentes partes de España, permanecerá aberta ata o 17 de setembro

 

Mañá mércores, día 4 de setembro, ás 10:30 horas terá lugar a apertura da  Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Ourense, situada na avenida de Pontevedra.  A mostra estará aberta ata o día 17 de setembro en horario de 10:30 a 14  e de 17 a 21:30 horas e nela participarán seis librarías de diferentes puntos da xeografía española: Cachuán (Madrid), Valdezate (Burgos), Lorca Libros (Madrid), Kim (Barcelona), Librería Buendía (Murcia) e Shora (Alicante).

Tal como avanzan dende a Federación de Librarías de Galicia, nesta feira estarán a disposición de todos os visitantes máis de 40.000 exemplares de libros antigos, vellos, de saldo e ocasión, así como outros materiais impresos ou manuscritos (cartas postais, documentacións profesionais, revistas, carteis publicitarios, cartas de navegación, gravados, xornais, cómics…) “con excelentes oportunidades para bibliófilos, coleccionistas e lectores, que poderán adquirir a prezos moi interesantes”.

Artigos relacionados

Back to top button