
O 30 de novembro, día de San Andrés, segue sendo unha data sinalada para o municipio da Rúa. É unha das festas máis antigas do concello e tamén o día en que se celebraba unha das mellores feiras do gando da comarca.
Co tempo, a celebración foise perdendo pero mantense a misa na igrexa de Fontei, así como unha das principais feiras da vila aínda que a chuvia, deslucía a xornada neste xoves.