OurenseÚltima hora

Felipe Ferreiro, novo presidente de Cruz Vermella en Ourense

Natural de Cualedro, o filólogo adícase ao ensino da lingua e literatura galega no IES As Lagoas de Ourense
Felipe Ferreiro Feijóo é o novo presidente provincial de Cruz Vermella Ourense.
Felipe Ferreiro Feijóo é o novo presidente provincial de Cruz Vermella Ourense.

A proposta do Comité Provincial, Felipe Ferreiro Feijóo foi elixido presidente provincial en Ourense durante o transcurso do proceso electoral que cada catro anos se desenvolve en Cruz Vermella Española, coa participación de voluntarios e socios. Neste proceso, Javier Senent García foi elixido presidente nacional de Cruz Vermella e Carmen Colmeiro, foi reelixida ao fronte da institución en Galicia.

Dende Cruz Vermella Ourense aseguran que o novo presidente provincial “asume con ilusión a dirección da organización, tras vinte anos como socio da mesma e despois de ter formado parte da Comisión de Garantías, Dereitos e Deberes de Cruz Vermella en Ourense nos últimos anos, pola súa condición de licenciado en Dereito”. Natural de Cualedro e con 63 años de idade, é filólogo e adíacase ao ensino da lingua e literatura galega en el IES As Lagoas de Ourense.

Durante o vindeiro período 2015-2019, a organización humanitaria proponse como metas prioritarios “velar por unha Cruz Vermella con principios e valores que responda ás situacións de vulnerabilidade, comprometida coa sociedade e en constante evolución para adaptarse ás necesidades das personas” e aposta por “seguir desenvolvendo en Galicia un nivel de actividade intenso cos proxectos de inclusión e intervención social, emprego, formación ou emerxencias” contando co apoio e a solidaridade do voluntariado, os socios e a poboación en xeral “fundamental para cumprir estes obxectivos” aseguran dende Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button