O sábado 18 de abril volverá a velada de MMA ao Barco de Valdeorras. A partir das 20:30 horas o pavillón vello acollerá o MFC-051 Showdown que reunirá a un bo número de loitadores de artes marciais mixtas de clubs chegados dende diferentes partes de Galicia, de Xixón e Portugal, que se enfrontarán en case unha decena de combates amateur.

Por parte do Graíño Team O Barco loitarán Felipe Morales -74 kilos; Eder Rodríguez -71 kilos; e Alejandro Méndez -63 kilos, os tres adestrados polos irmáns Luis e Juan Pardo nas instalacións do Ximnasio Valsport.


