CulturaCulturaÚltima hora

“Feminíssimas”, o vindeiro venres sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo». Este é o punto de partida da obra teatral “Feminíssimas”, de De Ste Xeito Producións , que poderá verse o vindeiro venres 15 de marzo ás 21h. no escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco.

Trátase dunha creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para “poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. En resumo: unha comedia negra… moi violeta”, aseguran dende a compañía.

 

Artigos relacionados

Back to top button