Esta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), á altura do cruce que vai para as Ermitas (O Bolo). Un vehículo, cun só ocupante, impactaba cun xabarín que cruzaba neses momentos a calzada.
Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil do Bolo, o GES A Veiga, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, ademais do médico e da enfermeira de garda no Bolo; a Garda Civil de Tráfico e Conservación de estradas.
Como consecuencia do accidente resultaba ferido o condutor do vehículo, que era trasladado en ambulancia ao Hospital Público de Valdeorras.
Fotos cedidas.