ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferida unha persoa nun accidente no polígono industrial da Raña, no Barco

 

Na tarde deste sábado 17 de febreiro producíase un accidente no polígono industrial da Raña, no Barco  de Valdeorras, onde unha persoa caía dende unha plataforma elevadora na que estaba traballando, tras chocar contra un vehículo que circulaba nese momento por alí, segundo fontes presenciais.

Os feitos tiñan lugar pouco antes das 19:45 horas e ata o lugar desprazábase a Policía Local do Barco, a Garda Civil e unha ambulancia do 061 que, tras atender ao ferido no lugar, trasladábao ata o hospital.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button