
Na mañá deste xoves 27 de novembro producíase un accidente en Casaio (Carballeda de Valdeorras) no que resultaba ferida unha persoa.
Tal como informan dende o 112 Galica, contra as 10:30 horas unha furgoneta saíase da vía e “caía por un pequeno terraplén”, tendo que ser atendido polas urxencias sanitarias o condutor do vehículo.
Ademais da ambulancia, ata o lugar dos feitos desprazábase a Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do parque comarcal e GES Valdeorras.