Na mañá deste luns 9 de setembro unha persoa resultaba ferida tras saírse da A-52 e caer co seu vehículo por un terraplén en Carballeda de Avia.
Tal como informan dende o 112 Galicia era un particular quen, dez minutos despois das 8:30 horas, contactaba con eles para informar “dunha furgoneta que se acababa de saír da vía no quilómetro 256 da A-52, ao seu paso por Santo Estevo de Nóvoa”.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.
Pouco despois, “outro alertador confirmaba que o único implicado conseguira saír do vehículo, tralo que foi atendido polos profesionais sanitarios que se desprazaron ao punto a bordo dunha ambulancia”, matizan dende o 112.