Arredor das 12:30h. deste martes 14 de setembro un home resultaba ferido no municipio Quiroga tras sufrir unha caída dende un valado dunha altura considerable, nunha zona de difícil acceso no lugar de Conceado.
Ata o lugar da caída trasladábanse de inmediato os profesionais de Urxencias Sanitarias-061, a Policía Local de Quiroga, os bombeiros do parque de Monforte, o GES de Quiroga e Protección Civil. Xunto a eles, tamén se lle comunicou o suceso aos axentes da Garda Civil.
Finalmente, os efectivos de intervención confirmáronlle ao 112 Galicia que !a persoa xa estaba na ambulancia e que ía ser trasladada ao Hospital de Monforte”.