OurenseÚltima hora

Ferido o condutor dun camión cargado de polos despois de envorcar ao seu paso por Barbadás

 

Os Bombeiros de San Cibrao tiñan que excarcerar ao condutor ferido dun camión, que quedou atrapado no interior do vehículo cargado de polos, despois de envorcar ao seu paso por Barbadás, tal como informan dende o 112 Galicia. Debido ao impacto, o vehículo perdía combustible provicando o corte da vía mentres os servizos de emerxencias desprazados ao punto traballaban para evacuar ao ferido e restablecer as condicións de seguridade no vial.

O accidente producíase na madrugada deste xoves 13 de abril, preto das 2:30 horas, na A-52, á altura do punto quilométrico 225. “Foi unha persoa particular quen chamou para solicitar axuda para o camioneiro, indicando que o vehículo cargado de aves envorcara e o condutor presentaba dificultades para saír do seu interior polos seus propios medios”, explican dende o 112.

No operativo interviñan os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de San Cibrao, os membros do GES de Pereiro de Aguiar e tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil. Desde o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración do persoal encargado do mantemento da vía.

Segundo a información facilitada ao 112 polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, tras a liberación e evacuación do condutor, un guindastre encargouse da retirada do vehículo. A Garda Civil de Tráfico informa,  que a estrada pechada ao tráfico por mor do accidente, quedou totalmente restablecida.

Artigos relacionados

Back to top button