Na tarde deste mércores 31 de xullo producíase unha saía de vía no municipio do Barco. Os feitos tiñan lugar en torno ás 16 horas no Km 3 da OU 0801, na localidade de Éntoma en dirección Sobradelo.
Tal como informan dende o 112 Galicia, recibían o aviso dun particular “da saída de vía dun tractor a consecuencia da cal o condutor resultaba ferido, cun golpe na cabeza e na clavícula, aínda que non quedaba atrapado”, explican, engadindo que o tractor “caeu por un terraplén duns 5 metros pero o condutor xa estaba na calzada”.
Dende o 112 Galicia informaban a Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros, GES Valdeorras, Policía Local do Barco e Protección Civil.




