ConcellosÚltima horaVilamartín

Ferido o condutor dun vehículo ao caer por un terraplén na estrada de San Vicente (Vilamartín)

 

Na mañá deste martes 6 de febreiro producíase unha saída de vía na estrada que une o Mazo con San Vicente de Leira, no concello de Vilamartín de Valdeorras.

Pasaban das nove da mañá cando o coche caía por un terraplén duns 60-70 metros quedando envorcado nun lugar de difícil acceso. “O home ía ao traballo e dixo que se despistara e cando se dera conta xa estaba dando voltas de campá”, asegura o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

 

 

El mesmo explica que malia o aparatoso do accidente as feridas non parecían revestir gravidade aínda que se queixaba de dor en varios puntos. “O home é moi sufrido”, di o alcalde. Así e todo, unha vez que conseguiron sacalo do lugar en camilla, era trasladado en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras.

Ademais da ambulancia do 061 e de Protección Civil de Vilamartín, ata o lugar dos feitos desprazábase o GES Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button