OurenseÚltima hora

Ferido un condutor ao chocar contra a medianeira da autovía en Ourense

 

Na madrugada do venres 1 de decembro producíase un accidente de tráfico en Ourense, no que un condutor (único implicado) resultaba ferido tras colidir contra a medianeira da autovía, sendo evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, tal como informan dende o 112 Galicia.

Un particular que foi testemuña dos feitos chamou ao 112 Galicia, minutos antes das 2 horas, e “contou que un coche chocara contra a medianeira na saída 228 da A-52, ao seu paso pola parroquia ourensá de Vista Hermosa”, explican os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, engadindo que tamén atenderon unha chamada mediante o sistema de aviso de emerxencia (E-Call) do vehículo implicado, que “non obstaculizaba a circulación: o condutor estaba ferido, pero podía saír ao exterior polos seus propios medios”, indican.

Neste operativo solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.

Artigos relacionados

Back to top button